O centro preparouse para festexar unha das datas máis
máxicas e misteriosas do ano... o Samaín! Recordamos o gran valor histórico
e cultural deste día, pois antigamente
pensábase que nesta noite as fronteiras entre o mundo dos vivos e o mundo dos
mortos se unificaba, sendo unha noite de maxia, medo e rituais.
Para comezar o día con emoción, convertimos a planta
baixa do centro nun túnel do terror polo que pasou todo o alumnado. Para
ambientar o espazo empregamos cartón reciclado para facer lápidas e tumbas, transformamos
lonas en cortinas tétricas, reutilizamos elementos de decoración antigos, algodón para crear teas de araña...
O alumnado, acompañado polos mestres/as, recorreu o túnel con moita valentía, aínda que levaron algún que outro sustiño pero de forma divertida. Que valentes foron! 😄👻
Despois de tanta intensidade, recuperamos forzas cunha chocolatada con churros gratuíta, grazas a churrería Sandra (@churreria_chocolateria_sandra) en colaboración coa ANPA e co concello de Boimorto. Estaba todo riquísimo! 🍫☕
E para rematar o día... vimos todos xuntos a película Coco. Un final perfecto para unha xornada de convivencia, diversión e aprendizaxe!
Así, este día converteuse nunha ocasión para aprender sobre a nosa cultura, desfrutar da tradición galega e fomentar hábitos sostibles.
Ata a próxima aventura!










