Este ano celebramos o Samaín dun xeito moi especial. Quixemos poñer a creatividade ao servizo do medio ambiente… e o resultado foi increíble! 🌍♻️
As familias e o alumnado puxéronse mans á obra para crear
as súas vasoiras terroríficas e sostibles, elaboradas con materiais reciclados
ou de refugallo. Cada vasoira é diferente, orixinal e chea de imaxinación: hainas
coloridas, moi terroríficas, algunhas feitas con materiais da natureza (paus, follas, espigas...), cartóns, follas de periódico,… e
todas cun encanto especial! ✨
Agora, o centro está cheo de vasoiras que nos fan sorrir
e recordar que o Samaín tamén é tempo de
compartir, de crear e de aprender xuntos.
Moitas grazas a todos os que se animaron a
colaborar nesta proposta!
📸 Podedes ver aquí unha mostra.





Ningún comentario:
Publicar un comentario