07 outubro 2025

Descubre a paisaxe e a sostibilidade🌿

Neste blog queremos convidarvos a observar e descubrir as paisaxes que nos rodean todos os días. Cada unha delas ten elementos únicos, unha diversidade sorprendente e un valor cultural e simbólico que merece ser coñecido e coidado.

O noso obxectivo é crear unha relación respectuosa coa contorna e fomentar unha actitude sostible dende idades temperás, para que aprendamos a coidar do planeta dende pequenos. Aquí compartiremos ideas e propostas para mellorar a calidade das nosas paisaxes, propoñendo cambios positivos e significativos no noso entorno.

Neste blog, o alumnado será o protagonista. Participará activamente, observando, reflexionando e propoñendo accións que poidan marcar a diferenza. Falaremos de como pequenos xestos diarios, como respectar os espazos verdes, reciclar ou implicarnos en proxectos locais, teñen un gran impacto.

Este é un espazo para observar, aprender e actuar xuntos. Cada pequeno xesto conta! 👣💚

ACOMPAÑÁDENOS NESTA AVENTURA! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario