O alumnado de Proxecto Competencial levou a
cabo unha iniciativa moi especial que combina creatividade, conciencia
ambiental e traballo en equipo.
Nesta ocasión, os alumnos/as puxéronse mans á obra para crear a letra dunha canción titulada “Reciclas”, unha proposta musical que busca transmitir a importancia de coidar o noso entorno. A canción recolle mensaxes sobre a redución de residuos, a reutilización de materiais e a necesidade de respectar a natureza que nos rodea.
RECICLAS
A terra xa non vai aguantar
hai que deixar de contaminar
o noso mundo non se atopa ben
collemos máis do que a Terra ten.
O clima aquí non deixa de empeorar
lixo no aire, na terra e no mar.
Se a capa de ozono queres conservar
tres erres debes recordar.
(estribillo)
Reducir, reciclar, reutilizaar.
Colle o cartón, o plástico e o papel
imos decirche o que facer con el
para poder salvar a paisaxe
tes que apostar pola reciclaxe.
Para o
planeta deixar de explotar
debes
pensar en reutilizar.
Se o
consumo queres diminuír
os
teus residuos deberás reducir.
(estribillo)
Reducir, reciclar, reutilizaar.
Se vas á tenda porque tes que mercar
só
colle as cousas que vas precisar
e se
prefires non contaminar colle
a túa
bici para te desprazar.
Esperamos
que a nosa canción
amose
algo ao teu corazón
agora
sabes o que tes que facer
e
lembra que non hai planeta B.
(estribillo)
Reducir, reciclar, reutilizaar.













