No noso centro cremos que aprender e compartir ideas é máis divertido cando o facemos xuntos! Por iso, poñemos en marcha “O Faladoiro”, un espazo pensado para que alumnado, familias e profesorado poidan falar, compartir experiencias e descubrir novas formas de coidar o planeta 🌍✨.
Un faladoiro é un encontro aberto e participativo, onde todas
as voces teñen cabida. Non hai límites: podemos falar de reciclaxe ♻️, aforro de enerxía ⚡, coidado das plantas e animais 🌱🦋, alimentación sostible 🥦… e incluso calquera outra idea interesante que queirades
compartir.
Calquera familiar do alumnado pode participar, e pódese
facer ao longo de todo o curso, escollendo o momento que mellor vos conveña.
Dende o centro, estamos encantados de escoitar as vosas experiencias, propostas e suxestións. Cada faladoiro é unha oportunidade para aprender uns dos outros e para fortalecer a nosa comunidade educativa, facendo do coidado do medio ambiente algo compartido.
Anímate a participar!

Ningún comentario:
Publicar un comentario