Hoxe visitounos Daniel Ares, pai da nosa alumna Nami, e
xuntos sorprenderon a todo o alumnado e profesoraado cun espectáculo moi
orixinal que combinaba maxia e conciencia ambiental. Comezaron facendo
distintos xogos de maxia que deixaron a todos e todas coa boca aberta. Moitos
destes xogos tiñan como fío condutor os libros e a natureza.
Ademais, realizaron un pequeno coloquio no que nos
explicaron as 5R: reducir, reutilizar, reciclar, reparar e rexeitar e deron
exemplos de como eles as empregan nos seus espectáculos.
Queremos agradecerlle sinceramente a Daniel e a Nami o
seu tempo, a súa dedicación e as gañas de compartir co alumnado o seu show. Foi
unha actividade moi enriquecedora. Millóns de grazas!


