O alumnado da materia de Proxecto Competencial elaborou
uns cómics moi creativos para aprender sobre a natureza e os
problemas ambientais.
Primeiro,
investigaron sobre un animal diferente e despois crearon unha historia en
formato cómic para explicar como vive e que perigos afronta: o oxolote,
un anfibio que pode rexenerar partes do seu corpo; o chimpancé, un
dos animais máis parecidos ás persoas; o oso panda, símbolo da
protección da natureza; o lince ibérico, unha especie en perigo que
vive na Península; o tigre de Bengala, un gran felino ameazado, a serpente
de cascabel, coñecida polo son do seu rabo; etc.
Nos cómics, estes animais convértense en protagonistas
que falan dos problemas que sofren: a perda do seu hábitat, a contaminación, a
caza ilegal ou o cambio climático.
Ademais da fauna, o
alumnado traballou outros temas moi importantes: as illas de lixo nos
océanos, que afectan a moitas especies mariñas, os incendios forestais,
que destrúen bosques e fogares de animais; a DANA, un fenómeno
meteorolóxico que pode provocar fortes choivas e inundacións.
A través das viñetas e dos diálogos, explicaron como
estes problemas afectan á paisaxe e á vida das persoas e dos animais.
Miarde que cómics tan guais fixeron!










