11 febreiro 2026

A ra de tres ollos

Este libro fainos reflexionar sobre o coidado do medio ambiente, tamén nos fai pensar na importancia de coidar a natureza. A ra vive nun entorno natural que pode verse afectado polas acción das persoas: a contaminación da auga, o lixo ou falta de respecto polos animais e as plantas.

O terceiro ollo da ra simboliza a capacidade de ver as consecuencias dos nosos actos sobre o medio ambiente. Grazas a el decatámonos de que a natureza é fraxil e precisa do noso coidado diario. Se non a respectamos, todos os seres vivos saímos prexudicados.

Este conto anímanos a ser máis responsables: a non tirar lixo ao chan, a aforrar auga, a respectar os animais e a protexer os espazos naturais. Pequenos xestos poden facer grandes cambios e axudarnos a construir un mundo máis limpo, xusto e sostible para todas e todos.

RELACIÓN COA AXENDA 2030

O conto Ra de tres ollos pode relacionarse coa Axenda 2030 e cos Obxectivos Desenvolvemento Sostible (ODS), xa que promove valores de respecto, coidado da natureza e convivencia responsable.

En primeiro lugar, conecta co ODS 14: Vida submarina, ao destacar a importancia de manter limpos ríos, lagoas e mares, espazos nos que viven animais como a ra protagonista. A contaminación da auga afecta directamente aos seres vivos que dependen dela.

Tamén se relaciona co ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres, xa que nos lembra a necesidade de protexer os hábitats naturais, respectar os animais e coidar as plantas para manter o equlibrio da natureza.

Ademais, o libro contribúe ao ODS 12: Produción e consumo responsables, ao animar ao alumnado a reflexionar sobre os seus hábitos diarios, como reducir o lixo, reutilizar materiais e coidar os recursos naturais.

Traballar este conto na aula axuda ao alumnado a comprender que, con pequenos xestos cotiáns, poden contribuir a construir un mundo máis sostible, xusto e respectuoso, tal e como propón a Axenda 2030.

ACTIVIDADE DO SEMÁFORO DO MEDIO AMBIENTE

Imos pensar nos nosos hábitos diarios e no coidado do planeta. Para iso, imos usar un semáforo de cores. Entre todos e todas decidiremos en que cor colocar cada acción, aprendendo a coidar o planeta con pequenos xestos do día a día.



Ningún comentario:

Publicar un comentario