14 febreiro 2026

Entroido | Gardiáns do medio ambiente

O Entroido é unha das festas máis divertidas e coloridas do ano. É un momento no que podemos disfrazarnos, xogar, bailar e compartir coa comunidade escolar. Pero este ano, quixemos que o noso Entroido tamén nos axudara a reflexionar sobre a importancia de coidar o noso planeta. Por iso, a temática foi “Gardiáns do medio ambiente”.

O alumnado saíu disfrazado de gardiáns: gardiáns da flora, gardiáns da fauna, gardiáns da reciclaxe, gardiáns do aire e gardiáns do mar e dos ríos. Cada aula simbolizou nunha capa distintos elementos do noso entorno natural.

Todos os traxes foron elaborados no centro en colaboración entre o profesorado, o alumnado e as familias. Cada un leva unha capa, decorada segundo a temática do seu gardián. Ademais, todos teñen un cinturón, uns brazaletes e un antifaz que completan o seu look de gardián ou gardiá.

Os gardiáns da flora foi o alumnado de infantil, que teñen o poder de plantar e coidar árbores, garantindo sombra e osíxeno para o planeta. O seu traxe levaba ramiñas e flores para representar a natureza que coidan.


Os gardiáns da fauna representouno o alumnado de 1ºEP, cuxo poder é defender a biodiversidade e coidar todas as especies. A súa capa estaba chea de pegadas e debuxos de moitos animais.


Os gardiáns da reciclaxe, o alumnado de 2º-3ºEP, teñen o poder de transformar residuos en novos recursos, reducir lixo e ensinar a reutilizar todo o que se poida. O seu traxe leva símbolos de reciclaxe e mini contedores pegados na capa, para amosar a importancia de reciclar e coidar o planeta.

Os gardiáns do aire foron os alumnos/as de 4ºEP co poder de manter o aire limpo e puro, libre de fume e contaminación. O seu traxe leva nubes e elementos aéreos para simbolizar a liberdade e a frescura do aire que coidan.


Por último, os gardiáns do mar e dos ríos, representando polo alumando de 5º-6ºEP, teñen como poder protexer océanos, mares e fauna mariña. O seu traxe leva peixes e algas pegados na capa, para amosar a beleza e a importancia da vida mariña que protexen.


Neste Entroido, todos somos gardiáns do planeta: divertímonos, disfrazámonos e aprendemos a coidar a nosa contorna!


Ningún comentario:

Publicar un comentario