25 febreiro 2026

Aprendemos creando cómics!

O alumnado da materia de Proxecto Competencial elaborou uns cómics moi creativos para aprender sobre a natureza e os problemas ambientais.

Primeiro, investigaron sobre un animal diferente e despois crearon unha historia en formato cómic para explicar como vive e que perigos afronta: o oxolote, un anfibio que pode rexenerar partes do seu corpo; o chimpancé, un dos animais máis parecidos ás persoas; o oso panda, símbolo da protección da natureza; o lince ibérico, unha especie en perigo que vive na Península; o tigre de Bengala, un gran felino ameazado, a serpente de cascabel, coñecida polo son do seu rabo; etc.

Nos cómics, estes animais convértense en protagonistas que falan dos problemas que sofren: a perda do seu hábitat, a contaminación, a caza ilegal ou o cambio climático.

Ademais da fauna, o alumnado traballou outros temas moi importantes: as illas de lixo nos océanos, que afectan a moitas especies mariñas, os incendios forestais, que destrúen bosques e fogares de animais; a DANA, un fenómeno meteorolóxico que pode provocar fortes choivas e inundacións.

A través das viñetas e dos diálogos, explicaron como estes problemas afectan á paisaxe e á vida das persoas e dos animais.

Miarde que cómics tan guais fixeron!















Ningún comentario:

Publicar un comentario