Hoxe,
dentro do Plan Director, visitounos Óscar, membro da Garda Civil, para impartir
unha charla dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e ESO. Durante a
sesión, Óscar explicou que é o SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza) e
cales son as súas principais funcións, destacando o seu labor na defensa do
medio ambiente, da fauna e da flora.
Ao
longo da charla falouse das causas dos incendios forestais, facendo especial
fincapé no impacto negativo que teñen sobre a paisaxe e os ecosistemas.
Ademais, mostrou numerosos exemplos reais de casos de maltrato animal, co
obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a necesidade de respectar e protexer
aos animais.
Esta actividade resultou moi interesante, xa que axudou ao alumnado a reflexionar sobre a sostibilidade, o coidado da contorna e a responsabilidade que temos como cidadáns para conservar o noso medio natural.
📸 Moitas gracias Óscar!




Ningún comentario:
Publicar un comentario