30 abril 2026

Faladoiro con Daniel Ares e Nami

Hoxe visitounos Daniel Ares, pai da nosa alumna Nami, e xuntos sorprenderon a todo o alumnado e profesoraado cun espectáculo moi orixinal que combinaba maxia e conciencia ambiental. Comezaron facendo distintos xogos de maxia que deixaron a todos e todas coa boca aberta. Moitos destes xogos tiñan como fío condutor os libros e a natureza.

Ademais, realizaron un pequeno coloquio no que nos explicaron as 5R: reducir, reutilizar, reciclar, reparar e rexeitar e deron exemplos de como eles as empregan nos seus espectáculos.

Queremos agradecerlle sinceramente a Daniel e a Nami o seu tempo, a súa dedicación e as gañas de compartir co alumnado o seu show. Foi unha actividade moi enriquecedora. Millóns de grazas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario