O outono é unha das estacións máis bonitas do ano:
as árbores cambian de cor, as follas caen e os froitos maduran. Isto convídanos
a observar con detalle todos os cambios que se producen na natureza, a desfrutar
da paisaxe e a reflexionar sobre a importancia de coidala. Por iso, organizamos
na entrada do centro unha exposición sobre os produtos do outono. Na mesa da exposición puidemos ver os seguintos elementos
e materiais do outono: froitas
de tempada como peras, granadas, uvas
e mazás; froitos
secos como castañas, abelás e
noces; follas de moitas cores
recollidas pola zona de Boimorto e coas que creamos o libro "O noso libro de follas"; piñas e espigas para recordar o ciclo
da vida das plantas. e produtos
da horta como cabazas, nabizas e millo, que forman
parte das colleitas do outono.
Cada alumno/a aportou un elemento e entre toda a comunidade educativa fixemos unha exposición chea de cor e vida, que encheu o centro do espírito do outono. Así, falamos sobre a importancia de coidar a natureza, de respectar os recursos naturais e de manter limpas as nosas paisaxes. Reflexionamos tamén sobre como cambian as árbores, os animais e o tempo nesta época.
📸 Nas
imaxes podedes ver o resultado.








Ningún comentario:
Publicar un comentario