O alumnado de 6º de EP, na materia de Lingua
Castelá, realizou un traballo que nos deixou a todos abraiados: crearon un atlas
botánico!
Cada alumno/a escolleu unha flor que lle chamou a
atención e comezou a investigala a fondo. Estudaron o seu hábitat,
descubriron as súas características, aprenderon sobre oa súa estrutura vexetal e incluso recolleron algunha curiosidade de cada unha. Foi unha auténtica aventura botanista! 🌿
Unha vez que cada quen tiña a súa información, uníronse
todas as fichas para formar un atlas común, no que se pode ver a enorme
variedade de flores que nos rodean e aprender sobre elas dun xeito divertido e
visual. Ademais, o mellor de todo
é que tamén fixeron fotos e ilustracións das súas flores.
📸 Aquí podedes ver o ben que lles quedou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario