Os xogos populares son moito máis ca unha forma de pasar
o tempo. Son unha parte viva da memoria colectiva, que se transmitíu de pais a
fillos/as, de veciños a veciñas nas aldeas e nas prazas.
Na actualidade, moitos destes xogos están desaparecendo,
xa que as pantallas e o ritmo de vida fixeron que moitas nenos/as xa non
coñezan xogos tradicionais como o xogo da ra, a carreira de sacos, os zancos,
o tiro da corda ou os xogos con globos. Por iso consideramos importante
recuperalos e darlles valor, non só como entretemento, senón como parte do noso
patrimonio cultural.
Cada un destes xogos agocha unha ensinanza: o xogo da
ra require puntería e precisión; a carreira de sacos mellora o
equilibrio; o xogo da culler coa castaña pon a proba a concentración e a
coordinación; o tiro da corda fomenta a forza e o traballo en equipo; e
os xogos con globos promoven a creatividade e a cooperación. Todos eles
comparten algo esencial: a diversión e o respecto entre quen xoga.
Ademais, son xogos sinxelos que non precisan materiais complicados: un saco vello, unha culler, unha castaña, unha corda…para
pasar un bo rato e compartir risas. Así
aprendemos tamén a valorar o que temos e a xogar respectando o medio.
E ti, a que xogabas de pequeno/a?
📸 Botádelle un ollo ao vídeo deste día tan xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario