Con motivo do 8M, o alumnado de Infantil e Primaria
investigou sobre mulleres destacadas de diferentes ámbitos e plasmou a
información nun maniquí a través dunha intervención artística colectiva. Esta
creación leva por nome “Hoxe, mañá e sempre”, en referencia á canción de
Tanxugueiras e Valeria Castro, como símbolo do recoñecemento ás mulleres que
abriron camiño e da importancia de seguir construíndo igualdade cada día.
Un dos ámbitos que investigamos foi o medio ambiente e coñecemos
mulleres que contribuiron de difrentes maneiras ao seu coidado.
Jane Goodall, dedicouse a estudar e protexer os chimpancés e a natureza.
Greta Thunberg, activista
que anima a loitar contra o cambio climático.
Rachel Carson, científica
que alertou sobre os perigos da contaminación.
Wangari Maathai, promoveu a plantación de millóns de árbores en África.
Vandana Shiva, defende a agricultura sostible.
Seguiremos observando e investigando para facer do noso entorno un lugar máis sostible e respectuoso coa natureza.


Ningún comentario:
Publicar un comentario