O alumnado de 6ºEP estivo traballando na materia de Educación en Valores Sociais e Éticos un tema moi importante: a reciclaxe.
Para
aprender máis sobre este tema, elaboraron un tríptico informativo.
Primeiro fixeron unha pequena investigación para descubrir e comprender
mellor: que é a reciclaxe?; os distintos tipos de contedores e que
residuos debemos botar en cada un deles; consellos para reciclar mellor
no día a día, tanto na casa como na escola; información sobre SOGAMA e
como xestionan os residuos en Galicia; etc.
Despois
de investigar, organizaron toda a información e plasmárona nos seus trípticos,
empregando textos claros, debuxos e cores para facelos máis atractivos e
fáciles de entender.
Parabéns ao alumnado polo seu traballo. Mirade o resultado!
TRÍPTICO 1.
TRÍPTICO 2.
TRÍPTICO 3.







Ningún comentario:
Publicar un comentario