O 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, o alumnado
de infantil e primaria converteuse en poeta e artista ao mesmo tempo, xa que elaboraron un “Poemario ilustrado do medio ambiente”.
Primeiro, buscáronse poemas relacionados coa paisaxe: o mar, as árbores, os ríos, os animais, a reciclaxe… e, despois, cada alumno/a escribiuno co seu propio estilo e acompañouno cunha ilustracuón propia. Todos estes traballos uníronse para crear un libro xigante. Para iso, reciclouse un mostruario descatalogado que foi doado por unha empresa local, dándolle unha nova vida e converténdoo nunha obra chea de cor e mensaxes importantes sobre o medio ambiente.
O resultado foi un poemario único, feito con moito
agarimo e que xa se pode consultar na biblioteca do centro.
Deixamos aquí unha mostra!
Produto final.
Poemas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario