25 marzo 2026

Canción sostible "Reciclar"

O alumnado de Proxecto Competencial levou a cabo unha iniciativa moi especial que combina creatividade, conciencia ambiental e traballo en equipo.

Nesta ocasión, os alumnos/as puxéronse mans á obra para crear a letra dunha canción titulada “Reciclas”, unha proposta musical que busca transmitir a importancia de coidar o noso entorno. A canción recolle mensaxes sobre a redución de residuos, a reutilización de materiais e a necesidade de respectar a natureza que nos rodea.

RECICLAS

A terra xa non vai aguantar

hai que deixar de contaminar

o noso mundo non se atopa ben

collemos máis do que a Terra ten.

 

O clima aquí non deixa de empeorar

lixo no aire, na terra e no mar.

Se a capa de ozono queres conservar

tres erres debes recordar.

(estribillo)

Reducir, reciclar, reutilizaar.

 

Colle o cartón, o plástico e o papel

imos decirche o que facer con el

para poder salvar a paisaxe

tes que apostar pola reciclaxe.

 

Para o planeta deixar de explotar

debes pensar en reutilizar.

Se o consumo queres diminuír

os teus residuos deberás reducir.

(estribillo)

Reducir, reciclar, reutilizaar.

 

Se vas á tenda porque tes que mercar

só colle as cousas que vas precisar

e se prefires non contaminar colle

a túa bici para te desprazar.

 

Esperamos que a nosa canción

amose algo ao teu corazón

agora sabes o que tes que facer

e lembra que non hai planeta B.

(estribillo)

Reducir, reciclar, reutilizaar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario