O alumnado de 2º-3º de EP, na materia de Plástica coa profe Sarai,
recrearon diferentes fondos mariños utilizando materiais sinxelos.
Para elaborar os seus traballos empregaron material de refugallo, como: rolos de papel
hixiénico, esponxas vellas e distintos tipos de macarróns, aos que deron forma e cor para crear
corais, algas, peixes e outros elementos do mar. A través desta actividade,
ademais de traballar a imaxinación e a expresión artística, tamén reflexionaron
sobre a importancia de reutilizar materiais e coidar o medio ambiente.
O resultado foi un conxunto de obras cheas de cor e conciencia ecolóxica, demostrando que é posible crear arte con
materiais que normalmente acabarían no lixo.
Mirade que ben lles quedaron!






Ningún comentario:
Publicar un comentario