O alumnado
de Infantil elaborou un dossier pedagóxico sobre as cegoñas no que
recolleron todo o aprendido durante a súa investigación. Así, descubriron que as cegoñas proceden do norte e do
centro de África e aprenderon tamén as partes do seu corpo: a
cabeza, o pescozo, as ás, o peteiro, a plumaxe e as patas.
Investigaron como viven en familia e souberon que está
formada por unha parella, composta por un macho e unha femia. Ademais, coñeceron unha das características máis curiosas
das cegoñas: o son que producen ao bater os picos, chamado crotoreo.
Observaron que os pitos e as cegoñas novas teñen o
peteiro e as patas de cor negra, mentres que nas cegoñas adultas estas
partes son de cor laranxa. Tamén descubriron que se alimentan de
peixes, ratos, larvas, vermes, insectos, crustáceos e moluscos.
En canto aos ovos, aprenderon que son de cor
branca e que miden aproximadamente 7 centímetros, o que equivale a uns catro
policubos. Tamén mediron unha pluma de cegoña, comprobando que pode chegar
a medir 44 centímetros, é dicir, uns 22 policubos.
Con moita curiosidade e entusiasmo, os nenos e nenas
investigaron, observaron, mediron e compartiron os seus descubrimentos, creando
un dossier moi completo que lles permitiu coñecer mellor estas aves tan
especiais.
Parabéns polo excelente traballo realizado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario