Este libro fainos reflexionar sobre o coidado do medio
ambiente, tamén nos fai pensar na importancia de coidar a natureza. A ra vive
nun entorno natural que pode verse afectado polas acción das persoas: a
contaminación da auga, o lixo ou falta de respecto polos animais e as plantas.
O terceiro ollo da ra simboliza a capacidade de ver as
consecuencias dos nosos actos sobre o medio ambiente. Grazas a el decatámonos
de que a natureza é fraxil e precisa do noso coidado diario. Se non a
respectamos, todos os seres vivos saímos prexudicados.
Este conto anímanos a ser máis responsables: a non tirar
lixo ao chan, a aforrar auga, a respectar os animais e a protexer os espazos
naturais. Pequenos xestos poden facer grandes cambios e axudarnos a construir
un mundo máis limpo, xusto e sostible para todas e todos.
RELACIÓN COA AXENDA 2030
O conto Ra de tres ollos pode
relacionarse coa Axenda 2030 e cos Obxectivos Desenvolvemento Sostible (ODS),
xa que promove valores de respecto, coidado da natureza e convivencia
responsable.
En primeiro lugar, conecta co ODS 14: Vida
submarina, ao destacar a importancia de manter limpos ríos, lagoas e mares,
espazos nos que viven animais como a ra protagonista. A contaminación da auga
afecta directamente aos seres vivos que dependen dela.
Tamén se relaciona co ODS 15: Vida de ecosistemas
terrestres, xa que nos lembra a necesidade de protexer os hábitats
naturais, respectar os animais e coidar as plantas para manter o
equlibrio da natureza.
Ademais, o libro contribúe ao ODS 12: Produción e
consumo responsables, ao animar ao alumnado a reflexionar sobre os seus
hábitos diarios, como reducir o lixo, reutilizar materiais e coidar os recursos
naturais.
Traballar este conto na aula axuda ao alumnado a
comprender que, con pequenos xestos cotiáns, poden contribuir a construir un
mundo máis sostible, xusto e respectuoso, tal e como propón a Axenda 2030.
ACTIVIDADE DO SEMÁFORO DO
MEDIO AMBIENTE
Imos pensar nos nosos hábitos diarios e no coidado do
planeta. Para iso, imos usar un semáforo de cores. Entre todos e todas
decidiremos en que cor colocar cada acción, aprendendo a coidar o planeta con
pequenos xestos do día a día.