15 decembro 2025

Cinco reinos: vida e paisaxe

Cando falamos de paisaxe, ás veces pensamos só nas montañas, nos ríos ou nos bosques, pero a paisaxe tamén está formada por todos os seres vivos que a habitan. O alumnado de 2º-3ºEP estivo estudando os cinco reinos e comprenderon como todos eles inflúen na nosa paisaxe.

Os fungos descompoñen os restos orgánicos e transfórmanos en nutrientes, axudando a que o chan se renove e se manteña fértil; o reino monera, aínda que non se ve, está en todas partes: no solo, na auga e mesmo no aire; os protistas, que viven sobre todo en medios acuáticos, son a base da cadea alimentaria en lagos, ríos e mares; aplantas producen osíxeno, protexen o solo e dan alimento a moitos animais; e os animais tamén teñen un papel moi importante, pois os insectos polinizan as flores, os paxaros espallan sementes... Sen eles, o paisaxe cambiaría moito.

Se destruímos un hábitat, contaminamos ou reducimos a biodiversidade, rompemos as conexións entre os cinco reinos e a paisaxe empobrécese.

📸 E agora… mirade que traballos tan guais fixeron!





Ningún comentario:

Publicar un comentario