Un endemismo é unha especie que só vive nun
lugar determinado e non se atopa de forma natural en ningún outro sitio do
mundo. Isto fai que sexan moi especiais e que necesiten protección para non
desaparecer. Por iso, o alumnado de 5º-6ºEP investigou sobre diferentes plantas
de Galicia, moitas delas endémicas.
Baseáronse na información da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da CMAOT (Consellería de Medio Anbiente e Ordenación do Territorio) sobre a protección e conservación do patrimonio natural de Galicia, aprenderon sobre as especies máis representativas e sobre a necesidade de coidalas e respectalas, así como tamén descubriron onde viven, como son e por que son importantes para o ecosistema galego.
Cada neno e nena escolleu a súa propia planta e elaborou
un traballo no que amosou o que aprendeu sobre ela.
Mirade o resultado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario