No noso centro seguimos apostando por
actividades que conecten ao alumnado coa natureza e fomenten valores de
respecto e coidado do medio ambiente. Desta volta, puxemos en marcha a creación
dunha pequena exposición de bichos pau no corredor.
Para levar a cabo esta actividade, montamos dous
terrarios diferenciados: un destinado aos bichos pau adultos e outro para as
crías. Estes espazos foron construídos con caixas transparentes, para que o
alumnado poida observar de preto o crecemento e comportamento destes insectos.
No interior dos terrarios colocamos terra limpa, sen
fertilizantes, así como paus, cortizas e follas, recreando un hábitat o máis
natural posible. Deste xeito, non só garantimos o benestar dos animais, senón
que tamén ensinamos a importancia de respectar os ecosistemas e utilizar
materiais naturais.
Ademais, elaborouse unha "Guía básica de coidado de insectos pau", onde se inclúe:
- A humidade e a temperatura axeitada.
- A actitude cara os insectos pau.
- A alimentación.
- A limpeza da súa casa.
- A incubación dos ovos.
·







Ningún comentario:
Publicar un comentario