08 maio 2026

Conto "PRIMAVERA"

Con motivo da celebración do Día do Libro, o pasado 23 de abril, o alumnado de Infantil recibiu da fada Anxana un precioso libro de ilustracións primaverais de Nowordbooks cheo de imaxes inspiradoras sobre flores, árbores, follas, insectos e paisaxes da primavera.

A partir destas ilustracións, a profe Beli propúxolles aos nenos/as inventar un conto entre todos. Deste xeito, fomentouse a súa imaxinación, a creatividade e o relato oral, permitindo que cada alumno/a aportase ideas, personaxes, lugares e situacións. Pouco a pouco, e coa axuda da profe Beli, que foi transcribindo todo o que eles ían relatando, naceu unha historia marabillosa creada integramente polo grupo.

Unha vez rematado o conto, chegou outro momento importante: buscarlle un título. Xurdiron diferentes propostas moi relacionadas coa natureza e coa paisaxe primaveral: Árbores con flores, Follas, Flores, Auga margarida ou Primavera. Finalmente, e tras poñelo en común, decidiron por consenso que o título do libro sería “Primavera”.

Para completar o proxecto, cada neno/a elaborou a súa propia portada. Utilizando letras móbiles compuxeron o título e realizaron unha ilustración persoal inspirada nesta estación do ano.

Aquí vos deixamos un exemplo:

Ningún comentario:

Publicar un comentario