Con
motivo da celebración do Día do Libro, o pasado 23 de abril, o alumnado de
Infantil recibiu da fada Anxana un precioso libro de ilustracións primaverais de
Nowordbooks cheo de imaxes inspiradoras sobre flores, árbores, follas,
insectos e paisaxes da primavera.
A partir destas ilustracións, a profe Beli propúxolles
aos nenos/as inventar un conto entre todos. Deste xeito, fomentouse a
súa imaxinación, a creatividade e o relato oral, permitindo que cada alumno/a
aportase ideas, personaxes, lugares e situacións. Pouco a pouco, e coa axuda da
profe Beli, que foi transcribindo todo o que eles ían relatando, naceu unha
historia marabillosa creada integramente polo grupo.
Unha vez rematado o conto, chegou outro momento
importante: buscarlle un título. Xurdiron diferentes propostas moi relacionadas
coa natureza e coa paisaxe primaveral: Árbores con flores, Follas,
Flores, Auga margarida ou Primavera. Finalmente, e tras poñelo en común, decidiron por
consenso que o título do libro sería “Primavera”.
Para completar o proxecto, cada neno/a elaborou a súa
propia portada. Utilizando letras móbiles compuxeron o título e realizaron unha
ilustración persoal inspirada nesta estación do ano.
Aquí vos deixamos un exemplo:























